A Sociedade

Con unha extensión de mais de 16.000 hectáreas créase no ano 1980 a “Sociedade de Caza e Pesca de Silleda”, baixo a iniciativa de 307 cazadores de entre os cais un grupo deles realizaron o traballo de recollida de firmas por parroquias, así Don Adolfo González Troitiño recaba firmas nas parroquias de Siador, Taboada, Vilar e Margarid; Don Raúl Iglesias Míguez, parroquia de Rellas; Don Benito Manuel Castro Mejuto, parroquias de Cortegada, Laro, Oleiros, Parada e Refoxos; Don Ramón Ares Cacheiro, parroquias de Fiestras e Escuadro; Don José Pena Calveiro, parroquias de Silleda, Negreiros, Ocastro e Ponte; Don Maximino Louzao Vigide, parroquias de Xestoso e Graba; Don Roberto Fares Seoane, parroquias de Breixa, Carboeiro e Saidres; Don Ramón Rodríguez Espiño, parroquia de Cervaña; Don Miguel Balboa Iglesias, parroquias de Manduas, Abades e Pazos; Don Fernando Fernández Somoza, parroquia de Chapa; Don Pedro González Moreira, parroquia de Moalde e Don José Manuel Gómez González parroquias de Cira, Dornelas e Lamela.

O primeiro Presidente da Sociedade foi Don José Tábora Sánchez, dende a súa fundación ata xullo de 1981 no que resulta elexido don Adolfo González Troitiño. Éste continúa despois ata xuño de 1988 no que o releva Don José Pena Calveiro durante dez anos consecutivos. En febreiro de 1998 o sustitúe Don Casimiro González Ayude ata xuño de 2001 no que sae elexido Don José Antonio Pena Fernández que rixe a Sociedade ata outubro de 2013, sendo dende entón o actual Presidente Don Jesús Pérez Caramés

No ano 2008 a Sociedade adapta os seus estatutos para integrar nas súas modalidades ademais da caza e a pesca, tamén a de tiro olímpico, convertindo a súa denominación social en Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda.

A Xunta Directiva actual quere recoñecer con esta breve historia o traballo e dedicación dos socios fundadores, algúns xa falecidos, dos seus Presidentes, e de todos aqueles anónimos que ó longo destos anos colaboraron coa Sociedade e o seguen facendo.